O CSIC inicia nas Illas Atlánticas de Galicia un proxecto para a conservación de raias e quenllas

27 Xaneiro 2023

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) inicia, a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), o proxecto Conectividade Ecolóxica e o papel do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia na conservación de Elasmobranquios costeiros (CONECTE), cunha duración de tres anos e financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica no marco do programa Proxectos de Investigación Científica na Rede de Parques Nacionais 2022.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O investigador principal é Alexandre Alonso Fernández e no equipo de investigación están Francisco Saborido Rey, Sonia Rábade Uberos, Laura Casas Castaño e Gonzalo Mucientes Sandoval, do grupo Ecoloxía e Recursos Mariños. O proxecto conta coa colaboración do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG).

O obxectivo principal é “estudar os patróns de movemento e comportamento que determinan a conectividade das subpoblacións de elasmobranquios costeiros en resposta ás presións ambientais na contorna dos espazos protexidos do PNMTIAG”.

Empregarase para iso como metodoloxía principal a telemetría acústica, ferramenta que proporcionarán estimacións continuadas dos movementos a nivel de individuo durante longos períodos de tempo (meses a anos).

“Brevemente, consiste na marcaxe de individuos con emisores acústicos que emitirán un sinal cada pouco tempo que será almacenado en receptores submarinos previamente fondeados na zona de estudo. Marcaranse 100 individuos no transcurso do proxecto. Aplicaranse tamén técnicas xenómicas, o que supón un avance no uso de novas aproximacións para o coñecemento e monitoraxe dos ecosistemas en augas abertas da Rede de Parques Nacionais”, avanza Alexandre Alonso Fernández.

En canto ás especies seleccionadas como obxecto de estudo, desde o equipo de investigación explican que dentro das estratexias de conservación da biodiversidade mariña existen certos grupos taxonómicos especialmente vulnerábeis pola súa historia vital e o seu papel no ecosistema. Este é o caso dos elasmobranquios: quenllas e raias. “Para lograr o obxectivo principal da investigación é preciso obter un coñecemento axeitado da conectividade ecolóxica dos elasmobranquios costeiros. Isto permitirá realizar propostas de designación de novos espazos protexidos ou para a ampliación ou adaptación dos xa existentes fronte a escenarios futuros, incluído o cambio climático”, destaca

Alenxandre Alonso Fernández.

No proxecto marcáronse os seguintes obxectivos específicos: identificar a conectividade poboacional das especies de elasmobranquios costeiros que habitan na contorna de espazos mariños protexidos de augas atlánticas galegas; estimar o grao de conectividade xenética das especies de elasmobranquios costeiros que habitan na contorna de espazos mariños protexidos de augas atlánticas galegas; avaliar a eficacia das medidas de protección espacial existentes en base á evidencia científica obtida; identificar as necesidades de conservación baseadas na evidencia para propoñer novos ou modificar os existentes espazos protexidos e manter e fortalecer a conectividade espacial e incrementar o compromiso social na protección e conservación da nosa biodiversidade mariña, especialmente dos elasmobranquios costeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...