O Concello do Son acondiciona camiños e infraestruturas en San Pedro, Nebra e Xuño

30 Xaneiro 2023
A contorna do cemiterio de Xuño

O Concello de Porto do Son enfiou a recta final de xaneiro ano despregando novos esforzos e recursos para a mellora de infraestruturas, accesos e servizos, poñendo o foco en fortalecer a seguridade de estradas, camiños e beirarrúas e tamén na accesibilidade e a comodidade dos usuarios.

Parque infantil en Xuño

A longo desta segunda metade do mes actuouse nas parroquias de San Pedro (co acondicionamento de camiños e beirarrúas nos núcleos de Basoñas e Santa Clara de Novás), Nebra (coa limpeza de regos e cunetas en Calo, A Pedra do Lobo, A Belga e Terrona) en Xuño (con traballos de mellora e limpeza nos camiños, na contorna do parque infantil, da igrexa e o cemiterio e da fonte e o lavadoiro, entre outras zonas).

Acondicionamento de camiños e beirarrúas en San Pedro, nos núcleos de Basoñas e Santa Clara de Novás.

Limpeza de cunetas en Nebra, nos núcleos de Calo, A Pedra do Lobo, A Belga e A Terrona.

Acondicionamento de camiños en diferentes recantos da parroquia de Xuño.

Outros artigos

En Porto do Son xa ondea a súa cuarta bandeira verde

A Xunta recoñeceu novamente a Porto do Son polos esforzos da Administración e da cidadanía na protección da paisaxe e o patrimonio natural. Fíxoo distinguíndoo coa bandeira verde por cuarta vez consecutiva, unha insignia que coa que se premian aos concellos de Galicia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...