O Concello ampliará o parque infantil de Arrochela xunto ao porto de Palmeira

06 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira adxudicou as obras dirixidas á ampliación do parque infantil de Arrochela, situados moi preto do paseo Plácido Betanzos, fronte á zona portuaria de Palmeira.
Este recinto de xogos é un dos máis utilizados actualmente na localidade, polo que se detectou a necesidade de proceder á súa ampliación para satisfacer a demanda actual. Para tal fin vaise
demoler a xardineira que o circunda e parte do pavimento de lastros (adoquíns) da praza onde se enclava, gañando así un espazo que permitirá instalar novos xogos que complementen aos existentes.
Tamén se estenderá unha capa de caucho continuo nas áreas de seguridade e céspede artificial na superficie restante.
Esta actuación recaeu na empresa Construcciones Anspal, S.L., e supoñen un investimento de 39.798,05 euros. As obras teñen unha duración de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.