En Ribeira un parque infantil cuberto na cidade, pavimentación en Carreira e Corrubedo e saneamento en Espiñeirido, o mais demandado na consulta veciñal

24 Xaneiro 2023

A consulta veciñal lanzada polo Concello durante a semana pasada para coñecer a súa opinión sobre as necesidades prioritarias nas distintas parroquias de cara á aprobación do Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS 2023) arroxou un total de 234 suxestións.
Se ben moitas das mesmas non son de competencia municipal ou ben non se adaptan aos criterios recollidos nas bases do POS 2023, cómpre informar de que, entre as que si encaixan, as catro actuacións
máis demandadas consistiron en contar cun parque infantil cuberto na cidade, a mellora das pavimentacións na estrada entre Pé do Corniño e A Capela (Carreira) e na travesía do Falcato entre as rúas Delicias e Buenos Aires (Corrubedo) e a dotación de saneamento do lugar de Espiñeirido.
Xa que logo, o Goberno Municipal terá en conta estas catro obras na proposta que vai a levar a pleno o mes que vén (de feito xa tiña incluídas a maioría nelas nun primeiro borrador presentado aos
grupos ao ser o Executivo consciente de tales necesidades, de xeito que xa se conta con proxectos das mesmas). Polo que respecta ao parque infantil na cidade, a opción elixida é cubrir o situado no barrio
de Abesadas, pois era unha iniciativa para a cal xa se solicitou en febreiro do ano pasado unha subvención que non prosperou e que se espera sexa agora unha realidade a través do financiamento
provincial.
Por último, cómpre aclarar que entre as 234 suxestións presentadas figuraban tamén obras que xa están aprobadas e pendentes de execución, como por exemplo a mellora da rede de abastecemento de auga en Castiñeiras, a pavimentación de rúas do casco urbano, parques en Artes e Carreira ou a instalación dunha nova grada no campo de herba sintético da Fieiteira, amén da sede do club de remo en Aguiño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...