Avanzan no núcleo de Mantoño (Goiáns) os traballos para dotalo de saneamento

24 Xaneiro 2023

Neste punto de inflexión entre 2022 e 2023 comezaron no concello de Porto do Son os traballos para dotar de saneamento o núcleo de Mantoño, na parroquia de Goiáns, cun investimento total que vai máis alá dos 193.000 euros. O Concello compartiu nas redes sociais imaxes das tarefas que se están a realizar este mes de xaneiro, que, como se pode comprobar, xa acometeron a instalación das canalizacións nalgunhas rúas do devandito núcleo.

O proxecto inclúe o subministro dun colector principal de saneamento e 5 colectores secundarios cos seus pozos de rexistro e 23 acometidas domiciliarias. O Concello confirmou o ano pasado a súa intención de aproveitar o levantamento do firme para substituír o asfalto por materiais máis acordes coa feitura do núcleo tradicional e histórico de Mantoño, con formigón e lastras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.