As organizacións humanitarias de diferentes parroquias do concello de Ribeira recibiron ó longo desta semana varios lotes de produtos de primeira necesidade para repartir entre os usuarios.

O departamento de Servizos Sociais, coa colaboración da súa edil Ana Barreiro, foi o encargado de proporcionar o avituallamento ás entidades (como por exemplo as delegacións de Cáritas de Palmeira, Carreira ou Aguiño) co obxectivo de que, durante estas festas de Nadal, non falte a comida na mesa de ningunha familia.



