Ribeira mellora o firme do camiño dende a eirexa a Gándara na parroquia de Oleiros

19 Decembro 2022

O Concello de Ribeira informa da realización das obras dirixidas á mellora do firme no camiño da Eirexa a Gándara, situada na parroquia de Oleiros: unha actuación efectuada pola empresa Construcciones Ponciano Nieto, S.L., e que comporta un investimento de 28.239,62 euros. A actuación conta cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ao abeiro do Plan de Mellora de
Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2022-2023.
De 660 metros de lonxitude, este camiño tiña un firme de aglomerado asfáltico deteriorado. As obras emprendidas contemplaron o desbroce e limpeza da vexetación, a aplicación dunha subbase de zahorra, a regularización do camiño con aglomerado en quente nas zonas de baches e desconchados, e a extensión dunha nova capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor en toda a
lonxitude e ancho do vial.
A mesma subvención do Agader abrangue a mellora do firme dun segundo camiño situado en Meiladín, na parroquia de Olveira, actuación que será acometida en breve.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.