Ribeira disporá de 12 prazas para participar na viaxe á neve da Deputación

05 Decembro 2022

A Campaña Neve 2023 promovida pola Deputación da Coruña, proporciona 12 prazas para que os rapaces de entre 11 e 15 anos que o desexen poidan viaxar ás estación de Valgrande-Pajares, en Asturias.
O prazo para facer as inscricións remata o 14 de decembro. A información requirida deberá entregarse no Rexistro Xeral do Concello. Entre os días 15 e 17 deste mes levarase a cabo o sorteo das prazas. Terán prioridade os nenos e nenas que non asistisen antes aos viaxes das campañas de inverno.
A viaxe realizarase do 27 ó 30 de xaneiro e inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Pódese consultar toda a información no enderezo www.dacoruna.es/deportes/actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.