Ribeira abre un expediente á empresa do alumeado do Nadal por incumprimento

22 Decembro 2022
Praza da Igrexa de Ribeira. Iluminación Nadal

O Concello de Ribeira vén de tomar medidas coa apertura dun expediente sancionador á empresa adxudicataria do subministro e instalación do alumeado de Nadal, ante os reiterados incumprimentos das condicións recollidas nos pregos de condicións que rexen este contrato.

Neste senso, os servizos técnicos municipais detectaron unha serie de incumprimentos que teñen que ver sobre todo cos prazos e cos elementos a instalar nos diversos lugares e parroquias, incluíndo o casco urbano.

Hai que recordar ao respecto que o Concello fixera este ano un significativo incremento no orzamento dedicado á iluminación (máis de 11.000 euros de diferencia con respecto ao ano pasado) coa ilusión de conmemorar de forma especial as primeiras festas de Nadal pospandemia.

Dende o Concello pídese desculpas polo malestar ocasionado entre moitos veciños e veciñas, confiando en que esta situación se poida ver regularizada nos próximos días.

Praza do Concello Ribeira. Iluminación Nadal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.