Os Bombeiros extinguen un incendio que afectou a unha nave de Costa Vella en Santiago sen graves consecuencias

18 Decembro 2022

A rápida intervención dos Bombeiros evitou que as lapas se propagaran e que as consecuencias fosen maiores. 

De feito, a esta hora, o lume está extinguido, os Bombeiros proceden coas tarefas de arrefriamento. Ardeu a metade do inmoble, quedando practicamente a nave, situada no Polígono de Costa Vella, inservible polo fume.

Todo comezou sobre as dez menos cuarto desta mañá. Operarios de establecementos lindeiros contactaban co 112 Galicia para informar de que saía fume moi denso dunha nave, moi preto dunha gasolineira.

A Policía Local xa tiña constancia e achegouse decontado ao punto, así como os Bombeiros da cidade. Os axentes da Policía Nacional e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados.

Segundo a información recibida no 112 Galicia a través de diversos alertadores, o lume comezou pola parte de atrás da nave, pero, os Bombeiros xa indicaron que o inicio do lume puido ser no seu interior. Afortunadamente, ao estar pechada, non houbo que lamentar danos persoais.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.