O programa de dinamización das persoas maiores de Ribeira levará 18 bailes a sete puntos do municipio

30 Decembro 2022
Os representantes das distintas entidades representadas na presentación agradeceron á Concellería de Servizos Sociais por esta iniciativa.

O Programa de Dinamización Social e Cultura do Concello de Ribeira vai levar un total de 18 actuacións musicais a sete puntos do municipio dentro da iniciativa “Imos ao Baile”: unha nova actividade que foi presentada hoxe pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, en compañía de representantes dos clubs de xubilados de Ribeira, Palmeira, Aguiño, Corrubedo e máis o Centro Santa Uxía da Terceira Idade e a Sociedade Recreativa de Artes.

A edil ribeirense explicou que esta era unha demanda das entidades que engloban no municipio ás persoas maiores e que de feito se consensuou con elas este programa. Comezará o 1 de xaneiro e rematará o 16 de xullo, cadrando coas fins de semana ou datas festivas, e un horario que, anque flexible, será en principio de 20.30 a 23 horas.

As actuacións levaranse a cabo mas seguintes instalacións:

  1. Conservatorio de Aguiño
  2. Casa do Mar de Ribeira
  3. Sociedad Hijos de Palmeira
  4. Centro Recreativo de Artes
  5. Casa do Mar de Corrubedo
  6. Centro Social Santa Uxía
  7. Centro Social de Oleiros

Contarase con catro grupos da comarca, dos cales por dispoñibilidade para estas datas, dous farán 6 actuacións (Mar Davila e Charada), o grupo Reflejos fará cinco e Matices unha.

O calendario de bailes é o seguinte:

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...