O BNG esixe ao PP cumprir o acordo para que o Estado recoñeza o coeficiente redutor de xubilación do persoal de Gardacostas e Pesca de Baixura

13 Decembro 2022

O BNG emprazou ao Goberno do PP a “cumprir a decisión unánime da Cámara” para instar ao Goberno central a recoñecer o coeficiente redutor de xubilación do persoal traballador do servizo de Gardacostas e de Pesca de Baixura, así como a inclusión do colectivos dos e das Gardacostas no Réxime Especial do Mar.

En palabras da portavoz de Pesca dos nacionalistas, a pobrense Rosana Pérez, “o Goberno do PP presume de nomes pero non actúa e non coñecemos que actuacións levou a cabo, mais si coñecemos a resposta do Instituto Social da Mariña (ISM), dependente do Goberno central, que emprazaba á Xunta a presentar un estudo onde se corroborase a sinistralidade, perigosidade, riscos e incidencia en procesos de incapacidade temporal que implican traballos como o do Servizo de Gardacostas para poder xustificar a a súa inserción no Réxime Especial dos Traballadores do Mar”.

“Hai moito tempo que vimos solicitando á Xunta que faga as xestións necesarias para que o servizo de gardacostas e os Mostradores do Mar se beneficien do coeficiente redutor da idade de xubilación”, recriminou a deputada do BNG á bancada Popular, á que lembrou o acordo unánime acadado na Cámara para que o Goberno do PP instara ao Estado a incluír ao persoal traballador do servizo de Gardacostas no citado Réxime Especial. Ademais, dixo, este acordo unánime incluía a inserción nesta mesma clasificación do persoal da Unidade Técnica de Pesca de Baixura, e a petición para este gremio do beneficio do coeficiente redutor da idade de xubilación.

“Temos este tema parado dende hai anos, malia ter un acordo xa tomado”, criticou Pérez, que emprazou ao PP a “cumprir non só o acordo unánime da Cámara galega, senón tamén a recorrer a resolución do ISM e demandar a inclusión dos e das Gardacostas e da UTPB no Réxime Especial”. Ademais, demandoulle comezar os estudos requiridos polo ISM para “xustificar mediante o informe requirido a aplicación nestes dous eidos de traballo dos coeficientes redutores para a idade de xubilación”.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.