Manuel Ruíz reune ó PP de Ribeira

31 Decembro 2022

O alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, reuniu á familia do PP para despedir o 2022 e dar a benvida a un 2023 que será clave porque Ribeira «necesita a maioría absoluta».

O rexedor fixo balance da xestión realizada este ano cun claro obxectivo: mobilizar ao seu electorado para a cita coas urnas do próximo mes de maio. A meta é recuperar para os populares unha maioría absoluta que «Ribeira necesita».

O presidente do PP ribeirense, que estivo arroupado, entre outros, polo secretario provincial dos conservadores, Evaristo Ben, e por Rosa Quintana, sinalou o complicado que resulta resumir todo un ano, pero fíxoo de maneira concisa ao dicir: «As grandes necesidades globais e retos do concello están todos solucionados, solucionándose ou en marcha».

Fronte aos que lle acusan de «ir a salto de malta», citou os diversos documentos de planificación cos que conta o Concello, e engadiu que todos eles levaron a cabo en procesos participativos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...