José Ramón Romero participa nun foro da Deputación sobre a devastación dos lumes forestais nos nosos concellos

13 Decembro 2022

A Deputación da Coruña organizou este martes 13 de decembro un foro sobre como combater os incendios forestais e que medidas tomar para previr esta lacra e recuperar os montes. No transcurso deste encontro, o presidente Valentín González Formoso, afirmou que “o despoboamento no rural e o cambio climático” son os dous grandes retos a enfrontar para acabar cos incendios forestais. O foro, no que tamén colaboraron Next Educación e a European Climate Fundation, celebrouse no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Culleredo. Foi inaugurado polo alcalde e deputado de Transición Ecolóxica José Ramón Rioboo, o xornalista Manuel Campo Vidal e o propio Formoso. Nunha das mesas redondas, A voz dos territorios afectados, participou José Ramón Romero, alcalde de Boiro, un dos concellos da nosa terra onde o lume deixou máis pegada este pasado verán.

O presidente da Deputación cualificou a cifra de incendios do pasado verán, con máis de 46.000 hectáreas queimadas en Galicia, de “dramática”, e engadiu que “non pode ser que en Galicia haxa unha superficie abandonada tan grande nun país tan produtivo e onde hai tanto talento, tanta xuventude que emigra de Galicia, podería non facelo se este país fose máis produtivo”, afirmou, convidando á todas as institucións responsábeis a “adoptar medidas valentes”.

O presidente rematou a súa intervención concluíndo que “os incendios resolveranse cando volvamos producir no rural, cando a xente volva a vivir no rural, se somos capaces de garantirlle servizos como ter un centro de saúde preto, un colexio ao que levar aos seus fillos e fillas, ou un autobús que o transporte cara os centros públicos onde haxa outro tipo de prestacións máis completas”.

O foro incluíu durante toda a xornada diferentes relatorios.

O primeiro foi sobre a importancia da transición ecolóxica para loitar contra os incendios e correu a cargo do enxeñeiro de Montes, Juan Picos. Tamén se deu voz aos territorios afectados por vagas de lumes deste verán, como Boiro e o Barco de Valdeorras, coas intervencións dos seus alcaldes, José Ramón Romero e Alfredo García, acompañados dun representante da ASC Bombeiros de Galicia e dunha asociación veciñal.

Falouse das posíbeis solucións e da importancia da prevención e da loita contra o despoboamento fronte ao lume, cun coloquio no que participaron representantes dos principais medios de comunicación galegos: Alfonso A. Riveiro, director de El Progreso, María López Cedrón, responsable de Somos Agro en La Voz de Galicia, Ramón Valles, director de RTVE Galicia; Mario Moreno, director rexional de SER Galicia; Alejandro López, subdirector de informativos de TVG e Ana Martínez, delegada de Axencia EFE en Galicia.

A xornada pechouse analizando o papel das institucións, que defenderon representantes das catro deputacións galegas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...