Corrubedo volve á rúa para pedir que se recupere o médico no Centro de Saúde

08 Decembro 2022
Remitida

Este xoves regresaron novamente as mobilizacións a Corrubedo, cuxa veciñanza, ante o risco de quedar sen atención médica estábel e continua, volve manifestarse para reclamar a recuperación dos servizos médicos habituais no Centro de Saúde da localidade.

Varios centos de veciños concentraronse por cuarta vez. A marcha iniciouse a carón do Bar Stop e non é a primeira vez que se concentran para esixir un médico a tempo completo no consultorio, xa que a carencia dun facultativo que pase consulta obriga aos pacientes para desprazarse ao centro de saúde de Ribeira.

A finais do pasado mes de novembro, desde a Consellería de Sanidade explicaron que se trataba dun problema puntual, debido á escaseza xeneralizada de médicos de atención primaria. As mesmas fontes engadiron que a intención é manter o servizo médico da localidade de luns a venres, aínda que o máis probable é que non se recupere o horario completo do pasado, debido a que non hai cartillas suficientes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.