Comezan as obras de pavimentación e instalación de pluviais no acceso a San Alberto por preto de 80.000 euros

30 Setembro 2026

Esta semana deron comezo en Ribeira as obras de asfaltado da vía de acceso á zona de San Alberto e instalación dun tramo de rede de pluviais. Así mesmo, renovarase o pavimento da beirarrúa de formigón existente no cruce coa avenida Ramiro Carregal.

Ata o lugar desprazouse a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para comprobar o arranque da intervención. Lembrou que estamos ante a mellora das infraestruturas dunha parte do Polígono Industrial de Xarás subvencionada nun 80% por parte da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

A finalidade deste proxecto é a posta a punto do firme actual de dita vía en Xarás debido ao deterioro que presentaba pola elevada intensidade de tráfico pesado que soporta. Para iso, instalarase un tramo de rede de pluviais para a evacuación das augas superficiais, situarase sobre ela unha capa de formigón e, posteriormente, aplicarase aglomerado asfáltico.

Finalmente, pintarase a sinalización horizontal pertinente. O investimento sitúase nos 78.099,99 euros, IVE incluído, a cargo da empresa Canarga S.L. que resultou adxudicataria. O período de execución é de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.