Servizos Sociais de Ribeira organiza dúas charlas sobre estranxeiría e asilo

14 Novembro 2022

A Concellería de Servizos Sociais de Ribeira organiza este mes dúas xornadas informativas sobre as últimas novidades en materia de estranxeiría e asilo.

Esta actividade dupla dará comezo este venres 18 de novembro cunha charla sobre a situación actual do asilo, que terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19.30 horas. Contará cunha duración dunha hora e media.

A seguinte xornada informativa celebrarase o vindeiro mércores 23 ás 15.30 horas, na mesma sala, cunha duración prevista de 2 horas. Ese día o tema será a recente modificación do regulamento de estranxeiría, que suscita dúbidas frecuentes entre a poboación inmigrante de Ribeira.

Ambas sesións correrán a cargo de Francisco Melón, asesor xurídico que presta o servizo especializado en materia de estranxeiría no departamento de servizos sociais de Ribeira desde o pasado mes de maio e que traballa para a ONGD Sen Valos, da Coruña. Este servizo está subvencionado pola Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política social e polo Fondo Social Europeo.

O acceso ás xornadas é libre, sen inscrición previa, e aberto a toda a cidadanía de Ribeira e profesionais que teñan interese na área: asociacións, ONG, xestorías… Pódese asistir a unha ou a ambas, de xeito indistinto. Aconséllase acudir uns minutos antes da hora prevista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

A dereita política española fala que un problema importante é o do Dereito á Vivenda e en cambio sempre están en contra de que se adopten medidas urxentes para a suspensión dos desafiuzamentos e lanzamentos de vivendas para persoas vulnerables sen alternativa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.