O conselleiro de Sanidade destaca que o Hospital de Barbanza cumpre anos renovándose tras visitar a nova área de endoscopias

05 Novembro 2022

O conselleiro de Sanidade visitou hoxe as instalacións da nova área de endoscopias do Hospital comarcal de Barbanza e anunciou a súa posta en servizo antes de rematar o ano 2022. Nunha visita enmarcada nos actos do 25 aniversario da infraestrutura hospitalaria, Julio García Comesaña explicou que esta rematada o groso da obra da nova área de endoscopias, na que a Xunta de Galicia investiu 620.000 euros, e que tan só faltan algúns detalles para a súa posta en servizo. “Todo isto é unha mostra de que o hospital cumpre anos renovándose, e imos garantir que esa renovación vai continuar nos vindeiros anos”, remarcou o conselleiro.

A nova área de endoscopias do Hospital de Barbanza conta con 130 m2 , o que supón un incremento da superficie dedicada á realización de endoscopias dixestivas. O equipamento inclúe melloras no eido tecnolóxico, cun bisturí eléctrico dixestivo e monitores de parámetros fisiolóxicos básicos. Tamén conta cun sistema de Endoscopia dixestiva, conformado por unha torre de endoscopia dixestiva e os equipos de reprocesamento con dúas lavadoras para a desinfección dos endoscopios, un armario de secado e almacenamento esterilizado, así como catro monitores multiparamétricos de última xeración.

Esta actuación proporcionará unha mellor calidade e confortabilidade desta área, así como a modernización dos procesos de asepsia e mellores condicións tamén para que os profesionais dos que dispón este hospital poidan realizar da mellor maneira posible a súa labor.

Ampliación da área de hospitalización e aposta polos hospitais comarcais 

Julio García Comesaña anunciou durante a súa visita ao Barbanza que o proxecto de orzamentos da consellería para o ano 2023 inclúe tamén 200.000 euros para iniciar as obras de ampliación da área de hospitalización do centro sanitario , e lembrou que no ano 2020 a Xunta rematou as obras de ampliación do 40 % da superficie da súa área de urxencias, cun investimento de 1,8 millóns de euros.

O conselleiro de Sanidade referiuse ademais as melloras que o departamento que dirixe puxo en marcha nos sete hospitais comarcais de Galicia, que amosan a aposta da Xunta por esta rede de hospitais. No Barbanza, este ano se adxudicou un novo TAC, que foi instalado hai uns días, e que ten un investimento de 400.000 euros.

Tamén, Julio Garcia Comesaña salientou a aposta da Xunta pola dotación de máis persoal fixo nos hospitais comarcais, e lembrou que o Parlamento ven de aprobar unha lei que vai permitir cubrir as vacantes de especialidades médicas en hospitais como o do Barbanza a través do concurso de méritos.En definitiva, o conselleiro destacou a aposta da Xunta por mellorar, con obras, equipamentos e persoal, a rede de hospitais comarcais de Galicia.

Outros artigos

Ambar inaugura no Museo do Gravado de Artes a exposición “Acotío”

Este venres 7 de novembro o Museo do Gravado de Artes acolleu a inauguración da exposición Acotío, unha mostra que reúne oito pezas de gravado en punta seca realizadas por artistas da área de arte da Asociación Ambar. A exposición é o resultado final dun obradoiro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.