Este luns comeza a campaña extractiva da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

06 Novembro 2022

A campaña extractiva da centola comeza este luns 7 nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van de cabo Corrubedo ata A Guarda (na provincia de Pontevedra) e de cabo Corrubedo ata Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a actividade réxese polo establecido no decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidas para a extracción profesional dos recursos mariños vivos. O comezo da actividade extractiva supón tamén o inicio da comercialización das capturas desta especie, que volverá a estar presente nos mercados.
A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2023, que se fixará a través do correspondente plan de xestión. No caso da costa que vai de Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro, na provincia de Lugo, a campaña comezará o 28 de novembro pois o plan de xestión que regula esta especie establece a veda nesta zona ata o 27 de novembro, día incluído.
O Executivo galego tamén abre mañá a campaña extractiva do boi en todo o litoral de Galicia, polo que a frota dedicada á pesca desta especie pode calar os aparellos de acordo co establecido no decreto de artes e aparellos e comercializar en lonxa as capturas que realice. A actividade manterase ata o inicio da veda do próximo ano, que quedará fixada no correspondente plan de xestión.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.
Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...