No día de hoxe o Obradoiro Tahume VIII contou con Laura Rial Molinos de “A arte da saude”, que ofreceu unha charla maxistral sobre pautas nutricionais saudables.
A charla estivo orientada cara ás necesidades básicas da poboación en xeral pero tamén matizando sobre aquelas situacións especiais nas que repercute a alimentación: alerxias, intolerancias, hipertensión, glucemia, etc.
Para terminar a xornada levouse a cabo un caso práctico de elaboración de menús para un colectivo concreto e basándose nunhas necesidades especiais ficticias, como por exemplo un comedor social: acción moi acaída tendo en conta que dentro do proxecto do obradoiro o alumnado terá que elaborar almorzos solidarios para persoas vulnerables.



