En Boiro aberto o prazo para a solicitude de instalación de terrazas na vía pública para o ano 2023

15 Novembro 2022

O Concello de Boiro informa que o prazo de solicitude para a instalación de terrazas na vía pública está aberto dende o día 1 de novembro e ata o vindeiro 15 de decembro. A solicitude debe realizarse mediante a sed electrónica, a documentación e información da solicitude está a disposición das persoas interesadas na web municipal.
Tras a última modificación da Ordenanza reguladora de terrazas na vía pública, están en vigor novos prazos para a solicitude. A instalación de terrazasdurante todo o ano debe pedirse entre o 1 de novembro e o 15 de decembro; as solicitudes para o período estival poden facerse no mesmo prazo ou entre o 1 de marzo e o 15 de abril; e as solicitudes para as datas de Semana Santa, ata 10 días antes ao período solicitado.
A instalación de terrazas está suxeita a unhas normas e horarios, tamén indicados na Ordenanza. Como norma xeral pecharán ás 00.00 horas agás as noites do venres, sábado, domingo e vésperas de festivos, así como durante o período estival, que o horario se amplía ata as 02.00 horas.
As autorizacións teñen unha vixencia anual, polo que a solicitude de renovación da autorización se debe realizar cada ano, e non se poderá instalar ningunha terraza que non estea debidamente autorizada. A documentación necesaria para a solicitude e toda a información sobre o proceso está a disposición das persoas interesadas na web municipal e no servizo de Recadación do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.