Ambar reforma o seu sistema de protección contra incendios no seu Centro de Recursos en Frións

18 Novembro 2022

A asociación inclusiva da nosa comarca Ambar reformou este ano o sistema de protección de incendios do seu Centro de Recursos (Frións, Ribeira). Este proxecto de seguridade foi posíbel co co-financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF.

A finalidade desta reforma foi “garantir a seguridade das persoas usuarias do Centro de Recursos realizando a substitución dos elementos coma os detectores de fume que contaban con máis de 10 anos así como instalar unha nova central de detección de incendios que permita a dixitalización e control remoto do sistema de protección contra incendios”, explicaron fontes da asociación de persoas con diversidades funcionais e cognitivas.

Gracias a esta reforma Ambar dispón agora dun sistema de protección contra incendios que permite “actuar con maior axilidade, detectando o punto exacto onde salta a sinal de alarma e verificando a emerxencia en cuestión de segundos, así como a verificación e control remoto sen ser preciso estar nas propias instalacións”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...