O Concello de Ribeira informa de que veñen de comezar os traballos encamiñados ao
asfaltado dun dos aparcamentos disuasorios situados na zona de Abesadas-Cubeliños.
A execución desta obra, que comporta un investimento de 43.000 euros, persegue mellorar as condicións deste espazo de 2.600 metros cadrados.
Para isto estenderase unha capa de aglimerado en quente de cinco centímetros de espesore, previa extensión dunha capa de zahorra. O proxecto inclúe tamén a montaxe de tubos de pluviais.
