Os socialistas de Ribeira piden que se cree a tarxeta municipal de transporte

26 Outubro 2022

O grupo municipal socialista ribeirense presentou para o seu debate no Pleno Municipal unha proposición para que o Concello de Ribeira realice as xestións necesarias para crear a Tarxeta Municipal de Transporte.

O PsdG- Psoe argumenta que as condicións excepcionais que nos tocou vivir nos últimos tempos xeraron un cambio de paradigma no transporte das persoas. Así o encarecemento dos combustibles e a enerxía eléctrica, sumado ao quecemento global que esixe a diminución da pegada de carbono, levaron á sociedade española a potenciar o uso do transporte público, optimizando os recursos, tratando de cubrir todas as prazas dos medios de transporte, sexan tren ou autobús e creando instrumentos financeiros destinados a abaratar o seu custo en xeral e o seu uso gratuíto a determinados sectores da poboación.
Un deses instrumentos creados por Concellos de diferente cor política é a Tarxeta Municipal de Transporte, que bonifica custo do uso do transporte público e proporciona a posibilidade de viaxes ilimitadas e gratuítas para determinados sectores. Din que debería ser persoal e intransferible e emitirse xa configurada e activada para o seu uso inmediato.
Esta tarxeta debería estar negociada coas diferentes empresas concesionarias das liñas que cobren os servizos no municipio e financiadas mediante achegas de todas as Administracións, Nacional, Autonómica, Provincial e Local.
Suxerimos que a obtención desta tarxeta sexa posible de forma tanto presencial como telemática, a través da web do Concello, e tería como requisitos imprescindibles o estar empadroado no Concello de Ribeira, que o comprobará de oficio, así como que o solicitante cumpre con algún dos seguintes supostos:

  • Ser maior de 65 anos.
  • Ser menor de 18 anos.
  • Estar matriculado nun centro homologado fóra de Ribeira.
  • Ser pensionistas menores de 65 anos.
  • Ser persoa con discapacidade recoñecida.
  • Xustificar carencia de recursos.
    Con esta medida conseguiriase dar un paso máis para seguir implicando a cada vez máis aos mozos no uso do transporte público, do tal forma que o incorporen como o seu principal medio de desprazamento e prestariamos aos maiores, discapacitados e sectores menos favorecidos da poboación unha posibilidade de transporte que non xere un impacto significativo na súa economía.

Os socialistas propoñen pois o pleno:

  • Que o Concello de Ribeira realice as xestións necesarias para crear a Tarxeta Municipal de Transporte.
  • Que nesta tarxeta véxanse reflectidos os bonos e axudas destinados a abaratar os custos de uso das diferentes liñas que pasan ou teñen inicio e fin no Municipio, incluso as que outorguen a gratuidade total de uso destas liñas.
  • Que o Concello de Ribeira negocie con todas as empresas concesionarias das liñas a aceptación desta tarxeta coas contraprestacións que se acorden.
  • Que o Concello de Ribeira, ademais de achegar fondos propios, solicite ás diferentes Administracións, sexa a Unión Europea, Goberno Central, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña, a achega de fondos para poñer en funcionamento esta Tarxeta.
  • Que as condicións de expedición destas tarxetas sexan as detalladas anteriormente, sen excluír a posibilidade de ampliación a outros colectivos ou persoas individuais que se consideren que poidan ter dereito a elas.
  • Que tanto na solicitude como na emisión das tarxetas priorizar a utilización de medios dixitais, sendo posible a solicitude telemática a través da Web do Concello e que a Tarxeta non se emita soamente en formato físico, tipo tarxeta de crédito de plástico, senón tamén dixital, de forma que poida ser integrada nos teléfonos móbiles mediante a utilización de aplicacións do tipo Apple Pay, Google Pay,Samsung Pay, etc. Reducindo desta maneira os custos de emisión e evitando, no posible,
    a posibilidade de extravío e/o utilización fraudulenta.

Pleno Concello de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.