Os empresarios de Ribeira piden unha fronte común activa dos entes con responsabilidade no novo polígono a prol da consecución do proxecto

11 Outubro 2022

A Asociación de Empresarios de Ribeira publicou un comunicado relativo ao proxecto en marcha para crear no concello un novo polígono industrial entre os lugares da Carballa e Moldes que satisfaga as demandas de superficie empresarial para o tecido produtivo do termo municipal e da súa contorna. No comunicado o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, recoñece que se ben “o proxecto xa é unha realidade” e “atópase percorrendo o seu periplo administrativo tras ter superado non poucos escollos, grazas á implicación do Concello e dos partidos políticos con representación no municipio”, non foi de abondo apoiado por determinados entes “aos que si lles tivera correspondido asumir a realización deste parque empresarial e non o fixeron malia a imperiosa necesidade de solo industrial en Ribeira”, sinala a patronal na súa nota.

Nela poñen o foco na complexa situación que están a vivir as empresas do concello, “unha situación na cal nos municipios limítrofes lévanse a cabo polígonos que fan que as nosas empresas se vaian a eles”. Para a Asociación de Empresarios de Ribeira, cómpre que corrixan a súa actitude as entidades que pudendo comprometerse e impulsar este proxecto non o fixeron durante todos estes anos, xa que malia que é certo que unha boa parte das empresas de Ribeira xa marcharon na procura de solo industrial, as que quedan aínda tamén o precisan, “polo que é necesario poñer todos os medios ao seu alcance para continúen tendo presenza en Ribeira, porque a cidade e o concello as necesitan se queremos avanzar pola senda do progreso cara a un futuro que se presenta moi incerto”.

E conclúe o comunicado: “É polo anteriormente exposto que lles damos o noso ánimo aos políticos do noso concello, que contan co noso apoio, tivérono, téñeno e seguirano tendo, que perseveren neste labor e entre todos lograremos que sexa unha inminente realidade máis axiña que tarde”.

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...