El PP de Ribeira insta o BNG a solicitar a Deputación a mellora e a ampliación da estrada de Frións

24 Outubro 2022

En relación ás acusacións proferidas polo BNG, o Partido Popular manifesta a través dunha nota que se efectivamente este partido cree que a alternativa coa que mellorar as entradas e saídas á cidade de Ribeira pasa pola ampliación da Estrada Provincial DP-7301, entón xa levan perdidos case oito anos, que son os que levan cogobernando na Deputación da Coruña, e ademais installe a mellorar e ampliar o vial e a que non gasten inutilmente os cartos do Concello en redactar un proxecto que lle compete a outra administración na que eles gobernan,, a cal nin tan sequera o ten contemplado no seu Plan Provincial de Estradas.
O PP de Ribeira lembra que o estudo comparativo presentado no 2021 asevera que ambos proxectos non teñen a mesma finalidade: mentres a Variante da Xunta busca mellorar a mobilidade no casco urbano, a actuación planteada na DP-7301 pretende unha circunvalación que non serviría para resolver os problemas de acceso á cidade e non captaría moitos máis vehículos dos que descorren actualmente.
Resulta sorprendente que o BNG esixa a elaboración dun novo estudo (co conseguinte desembolso económico que isto implica e que podería ser empregado noutras accións), pero á vez adiante cales serán as súas conclusións, aínda que parece esquecerse de incluír entra as mesmas o feito de que a proposta que defende este partido pasa polo IES Leliadoura e atravesa o núcleo de Frións: un punto onde non cumpre coa pendente máxima que marca a lei, o cal obrigaría a crear un novo trazado.
Por contra, o proxecto da Variante da Xunta foi elixido logo de estudar as alternativas de mellora posibles, xa superou o trámite de avaliación ambiental, ten consignación orzamentaria, conta co apoio da Asociación de Empresarios, é o único que prevé a conexión con Ribeira sur (O Touro) e estaría finalizado no ano 2025.

PXOU
A Variante coincide ademais co PXOU en vigor (aprobado por unanimidade), plan que a iniciativa privada ou pública xa podería desenvolver creando 600 novas vivendas, pero que de non contar con esta nova estrada redundaría no colapso do tráfico ao ter que utilizar as saídas existentes.
En definitiva, dende o Partido Popular solicitamos ao BNG que deixe de obstaculizar o futuro de Ribeira e lle manifestamos que se efectivamente quere mellorar a estrada de Frións, llo solicite á Deputación da Coruña como administración competente na que goberna. Ten todo o noso apoio sobre a certeza de que non é un proxecto alternativo, senón complementario á Variante da Xunta, ao perseguir diferentes finalidades.

Outros artigos

Unha saída de vía en Ribeira deixou dúas mulleres feridas

Os equipos de emerxencias axudaron a saír ás implicadas, que foron evacuadas ao Hospital do Barbanza. Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente no Concello de Ribeira. Dez minutos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...