O luns 3 de outubro comezan as actividades da Ludoteca Municipal de Porto do Son

02 Outubro 2022

O Concello de Porto do Son pon en marcha este luns 3 de outubro as actividades de dinamización, lecer, formación e conciliación da Ludoteca Municipal. A axenda desenvolverase en horario de 16.30 a 19.30 horas, e estará dirixida a dous grupos de idade: nenas e nenos de entre 6 e 12 anos (os luns, martes e mércores) e nenas e nenos de 3 a 5 anos (xoves ou venres).

O prazo de inscrición ábrese este mércores 28 de setembro ata completar prazas en cada grupo
establecido.
As prazas serán outorgadas por orde de inscrición. Máis información nos teléfonos 981767589 – 698197909 ou na conta de correo omix@portodoson.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...