O estudo de impacto ambiental da Variante de Ribeira publicado no DOG para información pública

21 Outubro 2022

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fai pública a aprobación do expediente de información pública, do proxecto de trazado e do estudo de impacto ambiental da Variante de Ribeira.

O Consello da Xunta deulle luz verde o pasado 4 de agosto a esta actuación, á que o Goberno galego destinará un investimento global de 10,3 millóns de euros, incluíndo o custo das expropiacións.

Para avanzar no seu impulso, os Orzamentos da Xunta reservan en 2023 unha partida de 1,5 M€, iniciando antes de finalizar o ano o proceso expropiatorio para continuar avanzando no proxecto construtivo da primeira fase e poder licitar as obras. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://acortar.link/EmJMsv

Trátase de dotar o núcleo urbano de Ribeira de novos accesos, mediante a execución dun novo viario que, desenvolvéndose polo oeste e sur do municipio, conecte a autovía do Barbanza (AG-11) e a AC-550 coa estrada da costa (a DP-7307).

O obxectivo é facilitar a mobilidade en condicións máis seguras e eficientes en Ribeira, que actualmente ten acceso a través de dúas estradas autonómicas, a AC-550 desde o norte, e a AC-305 desde o nordés, pola costa. As ditas estradas conflúen e finalizan no límite norte do centro urbano de Ribeira.

Para acadar este fin, o proxecto da variante recolle o deseño dun novo viario rodeando Ribeira polo oeste, conectando as estradas DP-7301 ao norte coa DP-7307 ao sur do municipio.

O novo trazado parte das proximidades da glorieta do polígono de Xarás, ao norte de Ribeira, na confluencia da estrada AC-550 e a autovía AG-11, discorrendo cunha aliñación norte-sur, ata aproximarse á trama urbana de Ribeira.

Posteriormente, desprázase cara ao suroeste, rodeando a citada trama urbana, para continuar con aliñación oeste-este ata conectar coa estrada da costa, a citada DP-7307.

O trazado divídese en tres tramos de acordo ás distintas características da zona: un primeiro, desde o punto quilométrico 0 ao 1+200; o segundo, entre os puntos 1+220 e 2+140; e o terceiro, do 2+140 ata o final.

As obras previstas comprenden a construción de cinco glorietas, así como a execución dun paso inferior para manter o trazado de vías existentes sobre as que cruza a nova traza. Tamén se acometerán dous viadutos e seis muros.

Tramitación

O proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental foi aprobado provisionalmente en xaneiro de 2020 e, posteriormente, foi sometido aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas.

As administracións consultadas foron Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, o Instituto de Estudos do Territorio, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a Deputación da Coruña e o Concello de Ribeira, que remitiron os seus correspondentes informes sectoriais.

A Axencia Galega de Infraestruturas avaliou os ditos informes sectoriais, aos que lles deu resposta.

Ademais do proxecto de trazado, tamén se someteu a información pública o estudo de impacto ambiental da actuación, dando como resultado a Declaración de Impacto Ambiental favorable por parte do organismo competente.

A Xunta, unha vez analizadas as achegas presentadas, incorporou ao proxecto as consideracións oportunas, entre elas, a petición do Concello de desprazar a glorieta prevista inicialmente á altura da rúa Mariño, no punto 1+340, ata a altura da rúa Ameneiro, no punto 1+240, mantendo, en calquera caso, a conexión da rúa Mariño co novo viario mediante unha intersección.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...