O Concello de Dodro quere poñer a punto as estradas de Lestrobe, Igrexa de Dodro, Vigo e Bexo

05 Outubro 2022

O alcalde de Dodro, Xabier Castro Tourís, vén de presentar ao director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez Iglesias, as principais demandas concretas do concello en materia de mobilidade, posta a punto da rede viaria e seguridade de condutores e peóns. Estes requirimentos figuran no Informe sobre intervencións en diversos puntos da rede autonómica de estradas ao seu paso polo concello Dodro. O estudo foi achegado polo rexedor a Francisco Menéndez co propósito de” avaliar, propoñer e valorar as actuacións de mantemento e mellora”.

Descrición das intervencións:

• Mellora do alumeado e da accesibilidade no enlace da AG-11 coas estradas AC-305 e AC-307, en Lestrobe. “Este enlace”, informa o Concello, “non conta con ningún tipo de beirarrúa ou senda que permita o cruzamento peonil, formado por dúas glorietas, e dispón dun sistema de alumeado que carece de subministración eléctrica dende as últimas obras efectuadas na Autovía do Barbanza que afectaron ao cableado da zona”. Proponse a creación duns sendeiro de 245 m e ao mesmo tempo a renovación completa da instalación do alumeado do enlace.

• Arranxo da senda na AC-305, do P.Q. 1+000 ao P.Q. 1+070, no lugar da Igrexa de Dodro, que, en palabras do Consistorio, “sofre un forte deterioro no seu pavimento de aglomerado, presentando fochas e roturas que a fan intransitábel en condicións axeitadas de seguridade, ademais de carecer de protección contra caídas ao terreo adxacente que se atopa máis baixo”. Proponse a renovación completa do pavimento, cun novo formigón, e a implantación dunha varanda de protección.

• Mellora accesibilidade marxe AC-305, do P.Q. 1+830 ao P.Q. 1+900, no lugar de Vigo, que “na súa marxe dereita carece das condicións de accesibilidade necesarias para dar servizo ás vivendas existentes”. Proponse a creación dunha senda coa adaptación da rede de pluviais e a incorporación de muros que, dada a diferencia de cotas ca rasante da estrada, permitan garantir as condicións de accesibilidade nos accesos ás vivendas.

• Reparación pluviais na marxe dereita da estrada AC-305, P.Q. 6+780, no lugar de Bexo, na que “se detecta unha deformación no inicio da beirarrúa existente provocada por algunha rotura da canalización de pluviais da estrada”. Proponse a reconstrución da arqueta existente e a demolición e reconstrución do pavimento no treito afectado que garanta as condicións de accesibilidade.

Orzamento

A valoración económica das intervencións propostas, IVE Incluído, ascende a 115.059 euros.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.