O Concello da Pobra reclama a Medio Rural axiliza-la reposición dos peches gandeiros

28 Outubro 2022

Os incendios do mes de agosto causaron diversos danos en municipios como A Pobra do
Caramiñal. A Consellaría do Medio Rural adquiriu unha serie de compromisos cos concellos afectados, entre eles, o subministro do material necesario para a reposición dos peches gandeiros. O alcalde, Xose Lois Piñeiro (Nós Pobra), esgrime que existe un retraso na achega do mesmo por parte da Administración autonómica. Os gandeiros e gandeiras están asumindo de xeito voluntario o traballo de reposición dos peches, pois aínda que é do seu interese particular, son as administracións da Xunta e do Estado as responsables de poñer os medios para paliar as consecuencias dos incendios. O Concello da Pobra do Caramiñal está colaborando mediante a contratación da maquinaria necesaria para a correcta instalación dos novos valados. Pero xa fai tempo que se esgotou o material enviado dende Medio Rural, cando xa a primeira entrega chegou tarde.
A situación de risco para a circulación de vehículos é moi preocupante, pois o gando chega a vías de comunicación como a AC-302, onde, segundo o mandatario local, existe unha gran densidade de tráfico, sendo unha estrada na que se permiten velocidades elevadas. Tamén preocupa as proximidades do acceso á AG-11. De feito, xa apareceron dúas cabezas de gando no núcleo da Tomada, a 500 metros da rotonda do polígono industrial e aproximadamente a 1 quilómetro da propia autovía.
Na zona de Posmarcos tamén se está dando este problema, en vías de circulación secundarias. Pero, sen embargo, si se están a producir danos causados polo gando en zonas cultivadas, provocando un profundo malestar na veciñanza.
Ante esta situación o rexedor pobrense reclama a resolución deste problema. “Non podemos agardar máis”, insiste, especialmente agora no inverno que o gando tende a dirixirse ás zonas máis baixas fuxindo do mal tempo do alto da serra. Tamén fai extensible esta petición para a actuación nos termos municipais limítrofes, pois, se ben o voluntariado posibilita a intervención estea case completada na área de influencia de Lesón e considerablemente avanzada en Posmarcos, os animais saen polas lindes dos concellos e achéganse ata a vila.
O rexedor indica que se a Administración autonómica non cumpre co acordado será o Concello quen subministre o material, pero, asegura, que dende o goberno municipal non se vai permitir por máis tempo esta situación de risco. Aínda que a solución ten que darse en tódolos concellos afectados, do contrario serán inútiles os esforzos dun único municipio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...