Mércores con nubes e risco de chuvascos cara o norte da comarca

04 Outubro 2022

O mércores (San Froilán de León, Santa María Faustina Kowalska) Galicia mantense na influencia das altas presións aínda que unha fronte pouco activa irase achegando polo noroeste co avance da xornada.

Así, comezaremos o día cos ceos despexados e brétemas costeiras na franxa atlántica. A partir do mediodía irán entrando as nubes baixas con chuvascos máis probables no norte das provincias da Coruña e Lugo. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas sufrirán un lixeiro descenso quedando sobre os 22 graos se ben a partir do xoves volven a recuperarse. O vento será frouxo de compoñente sur pola mañá e co avance do día e a chegada da fronte virará ata quedar de compoñente norte á noite.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 11° 22°
Temperatura da auga (°C) 15°
Índice ultravioleta máx. 4
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar00:572.8 m
Baixamar07:041.4 m
Preamar13:203.2 m
Baixamar19:511.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:492.8 m
Baixamar06:551.4 m
Preamar13:123.1 m
Baixamar19:411.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar00:552.8 m
Baixamar07:011.4 m
Preamar13:183.1 m
Baixamar19:471.1 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.