En Ribeira os locais hostaleiros o Bar 14 e A Estación obxecto de senllos roubos

19 Outubro 2022

O dobre roubo produciuse ao longo da noite do martes e a proximidade entre ambos os locais fai sospeitar que poidan ser obra das mesmas persoas.

Segundo informa La Voz de Galicia no Bar 14, os ladróns rebentaron a máquina de dardos para levar as moedas almacenadas no interior. Segundo o dono, Manuel Vidal, tamén subtraeron dúas botellas de alcol e unha caixa de refrescos —presumiblemente para consumo propio.
O negocio A Estación foi o mais damnificado. Os cacos irromperon tras romper un das ventás principais da entrada. Unha vez dentro, esnaquizaron a golpes a máquina comecartos, da que levaron a recadación en metálico. Pero o botín principal foron os case 200 euros da caixa rexistradora. A Policía Nacional acudiu pola mañá ao local para buscar impresións dixitais e demais indicios que permitan avanzar na investigación. Tamén é a segunda vez que este bar sofre un ataque destas características nos últimos días. O dono, contrariado, descoñece por que non saltou a alarma que tiña instalada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.