En Ribeira adxudicada a mellora de dous camiños en Oleiros e Olveira

24 Outubro 2022

O Concello de Ribeira informa da adxudicación das obras dirixidas á mellora do firme no camiño da Eirexa a Gándara e máis no camiño de Meiladín, que están situados nas parroquias de Oleiros e Olveira, respectivamente.

En ambos lotes, a empresa adxudicataria resultou a empresa Construcciones Ponciano Nieto, S.L., por cadanseus importes de 28.239,62 e 34.934 euros, respectivamente. A actuación conta cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2022-2023.

No que camiño da Eirexa a Gándara, de 660 metros de lonxitude, ten un firme de aglomerado asfáltico deteriorado. As obras de mellora previstas contemplan a roza e limpeza da vexetación, a aplicación dunha subbase de saburra, a regularización do camiño con aglomerado en quente nas zonas de fochas e esconchados, e a extensión dunha nova capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor en toda a lonxitude e ancho da vía.

No que se refire ao camiño de Meiladín, de 445 metros de longo e feito de aglomerado asfáltico, o Concello fai saber que o “seu estado de conservación tamén é defectuosa”. As obras de mellora prevén a roza e a limpeza da vexetación, a preparación das marxes do camiño, a regularización do mesmo botando aglomerado en quente nas zonas de fochancas e esconchados, a aplicación dunha subbase de saburra nas marxes e a extensión dunha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor en toda a lonxitude e ancho da vía.

O prazo de execución nun e outro caso é dun mes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...