Detidos dous veciños de Ribeira acusados do roubo nunha vivenda

A Garda Civil de Porto do Son detivo a dúas persoas veciñas de Ribeira como presuntas autoras dun roubo nunha vivenda.

O suceso tivo lugar o pasado 28 de setembro e ao parecer os delincuentes accederon á casa da denunciante tras romper unha xanela apropiáronse de xoias e moedas con gran valor numismático.
Os axentes puideron identificar os autores vellos coñecidos das forzas de seguridade e puideron recuperar boa parte dos obxectos subtraídos. Os presuntos autores do delito de roubo con forza foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Noia.