Corte de tráfico en Rianxo o día 1 pola carreira popular

O vindeiro martes día 1 de novembro de 2022, celebrarase a VIII Carreira popular Concello de Rianxo,
que descorrerá polo centro urbano e zona portuaria.
Coa finalidade de garantila seguridade dos participantes, procederase a cortar o tráfico en todo o
percorrido, nas horas de seguido sinaladas.
Entre as 10.30 e as 11.45 horas cortarase o tráfico polas rúas comprendidas entre o cruce da
Praza Castelao e a rotonda do porto, afectando a todo o Paseo da Ribeira e Manuel Antonio,
Paseos interiores dos xardíns e Calexo do Xudío.
Entre as 11.45 e as 14.00 horas, aproximadamente, cortarase o tráfico polas rúas de Rinlo, Paseo
da Ribeira e Manuel Antonio, Autores da Rianxeira, zona portuaria (na súa totalidade), Castillo,
Carretera Tanxil (zona baixa), Paio Gómez e Praza de Rafael Dieste.
Entre as 10:30 e as 14:00 os autobuses realizarán a parada na rúa Xosé Arcos Moldes (Bar Lar e
Colexio Castelao).
Prégase a colaboración da veciñanza, para que, se ten previsto a utilización dos vehículos nas franxas
horarias sinaladas, os retire dos lugares afectados con antelación suficiente para evitar contratempos e
esperas innecesarias.