Comezan nun camiño de Lixó (Oleiros) traballos para dotar de saneamento e abastecemento de auga

10 Outubro 2022

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para dotar de saneamento e abastecemento de auga para consumo doméstico a un camiño situado en Lixó, lugar da parroquia de Oleiros, no ánimo de proporcionar estes servizos á veciñanza da zona. A obra está sendo executada pola empresa Excavaciones Abelleira e supón un investimento de 12.106,05 euros, IVE incluído. Para desenvolver esta iniciativa o Concello recibiu unha subvención outorgada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

De acordo co proxecto técnico, vaise instalar para o saneamento unha tubaxe de SN4 de 250 milímetros de diámetro e 90 de longo, mentres que para o abastecemento se colocará outra de polietileno de alta densidade de 75 milímetros de diámetro e 90 de longo.

O prazo de execución dos traballos é dun mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.