“Camiñemos pola esclerose múltiple” celebra en Santiago de Compostela o seu peche de campaña

13 Outubro 2022

O vindeiro domingo 16 de outubro ás 12:00h, a Asociación Española de Esclerose Múltiple (AEDEM-COCEMFE) celebrará o final da súa campaña cun acto institucional e un concerto no Hotel Congreso. No evento reivindicaranse os dereitos que esixe o colectivo, a través da lectura dun Manifesto a favor das persoas con esclerose múltiple, no que se destacará o recoñecemento automático do 33% de discapacidade co diagnóstico da esclerose múltiple e outras enfermidades neurodegenerativas.
En opinión de Pedro Custa Aguilar, Presidente de AEDEM-COCEMFE (Asociación Española de Esclerose Múltiple), “é urxente e necesario o recoñecemento automático dun grao de discapacidade mínimo do 33% para as persoas con esclerose múltiple, a gran maioría delas moi novas no momento do seu diagnóstico, para acceder canto antes ás medidas de apoio e protección social que garantan o mantemento da súa calidade de vida e saúde emocional.”
Este acto contará coa presenza de D. Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Discapacitados da Xunta De Galicia, Dna. Milagros Castro Sánchez, Concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela, e D. Anxo Queiruga Vila, Presidente de COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica) e Presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Un acto que terá tamén un compoñente festivo e de encontro, co concerto do grupo Os mecánicos e cunha comida de confraternización á que asistirán persoas afectadas das cinco asociacións galegas.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.