Avanza o novo Polígono Industrial de Ribeira

14 Outubro 2022

O novo polígono industriald e Ribeira recibe o informe de impacto ambiental

A Dirección Xeral deCalidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia vén de notificar ao Concello de Ribeira a resolución do informe de impacto ambiental simplificada do proxecto de urbanización do novo polígono industrial de Ribeira, que resolve favorablemente este trámite ao non apreciar previsibles efectos significativos para o medio ambiente. Isto supón outro paso adiante cara a construción na zona de Fontenla/Áreas Vermellas desta área de 258.926 metros cadrados, situada entre os parques da Tomada e Xarás, preto da autovía do Barbanza.
A formulación deste informe ten lugar despois de cinco meses dende a súa solicitude de inicio o 19 de maio, período no que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental formulou consultas a oito organismos: a
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña e Sociedade Galega de Historia Natural.
O informe propugna que durante o desenvolvemento do proxecto se apliquen as medias protectoras, correctoras e de vixilancia ambiental propostas polo promotor na documentación, tendo en conta así
mesma unha serie de condicións que teñen que ver coa protección da atmosfera e das augas e leitos fluviais, a xestión de residuos, a protección da fauna e da vexetación, a protección do patrimonio
cultural, a integración paisaxística, a protección ante accidentes graves ou catástrofes e a implementación dun programa de vixilancia e seguimento ambiental.
Próximos pasos
A resolución (que será publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia) foi remitida á empresa que está redactando o proxecto de urbanización (Monsa Urbanismo, S.L.) para que incorpore no mesmo
as observacións recollidas no informe.

Acto seguido o proxecto de urbanización deberá ser aprobado inicialmente polo Pleno e sometido a información pública, fase na que o Concello deberá solicitar os informes e autorizacións sectoriais
preceptivas. A aprobación definitiva deberá recaer no prazo máximo de tres meses desde a conclusión do trámite de información pública.
Transcorrido este prazo sen resolución expresa, o proxecto de urbanización entenderase aprobado por silencio administrativo, sempre que se obtivesen as autorizacións e informes sectoriais preceptivos ou se acredite, se é o caso, que transcorreu o prazo legal para a súa expedición.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...