Avanza a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar da Pobra

27 Outubro 2022
Avanza a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar da
Pobra
. C.P.

A corporación municipal da Pobra do Caramiñal debaterá no pleno extraordinario deste 27 de outubro a aprobación da memoria para a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), acompañada do seu homólogo da Participación Veciñal, Xabier Santos (BNG), fixo fincapé na importancia que ten este proceso para o goberno local, para así apostar por un servizo público, sostible e de calidade.
A memoria foi elaborada por unha comisión formada por dous cargos políticos e catro persoas técnicas do Concello; estudo que conclúe que “a xestión directa é moito máis sustentable e eficaz”, ademais de que, en termos económicos, suporá un aforro en 2023 de 94 570’36 euros.
Na súa dimensión social, a edil incide en que é un servizo “moi sensible” debido a que a súa finalidade é o coidado de persoas dependentes. A municipalización, segundo xustifica, traducirase na súa xestión directa, pois é unha prestación que actualmente se brinda de maneira mixta: con seis traballadoras da Administración local e máis de vinte contratadas por unha empresa privada. Isto suporá mellora-la estabilidade laboral das empregadas externas ao se integraren no cadro de persoal público, ademais dun repartimento equitativo da carga de traballo. Habilitarase así un software de xestión e unha aplicación para a comunicación das familias e do persoal dos Servizos Sociais. Redundará, polo tanto, tamén positivamente para as persoas beneficiarias, pois as auxiliares non rotarán, polo cal se consolidará a relación persoa coidadora-persoa usuaria.
Rematou a súa intervención cun dos puntos que recolle a memoria: “A xestión directa pola propia Administración local implica e engade proximidade e calidade ao servizo, posto que se unifican características e prestacións, homoxeneizando o servizo para todas e tódolos usuarios, ademais de consegui-la estabilización do persoal que presta o servizo, o cal leva a unha maior calidade de atención a usuarias e usuarios mediante a consolidación das relacións coas auxiliares.”
Unha vez ratificada a memoria na sesión plenaria, someterase a un período de 30 días de exposición pública, para aproba-la definitivamente no Pleno e inicia-la subrogación das empregadas do ámbito privado.
Estímase así que a xestión directa estea xa en marcha a inicios do vindeiro ano.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...