Abre este mércores 2 de novembro o prazo para descargar o Bono Cultura

30 Outubro 2022

O mércores 2 de novembro abre o prazo para descargar o Bono Cultura da Xunta, o programa de descontos do 50% na compra de produtos ou utilización de servizos culturais ao que o Goberno autonómico dá continuidade este ano para favorecer o fortalecemento do sector e axudar a particulares e negocios no contexto económico de suba de prezos.

Poderá facerse con el calquera persoa maior de idade que teña a súa residencia en Galicia e a descarga estará activa a través da web bonocultura.gal, onde se emitirá en formato dixital a través dun código QR.

Os bonos teñen un valor de 50€ por usuario para gastar nos distintos establecementos que se adhiran. As súas compras terán un desconto do 50% ata esgotar o crédito. Os produtos e servizos que se poderán adquirir non varían con respecto á edición anterior: a compra de música gravada en CD ou vinilo, películas ou series en formato físico, libros ou videoxogos e calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo…), salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos, entre outras.

Prazo para empresas

Xa están adheridas preto de 400 empresas do sector, unha cifra que poderá seguir medrando xa que o prazo para que os negocios se sumen continúa aberto ata o 14 de novembro. As entidades poden consultarse tamén en bonocultura.gal.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e universidades destina 1M€ ao Bono Cultura 2022 coa intención de mobilizar 2M€. Esta é unha das moitas medidas que a Xunta pon en marcha este ano para impulsar o sector cultural. O vindeiro ano destinará 104 millóns de euros á Cultura, un 8,5% máis que o ano pasado.

Outros artigos

Xoves 24, ceo despexado e temperaturas en ascenso

O xoves, Galicia estará baixo influencia anticiclónica, o que traerá unha xornada de transición meteorolóxica. Pola mañá, néboas e nubes baixas cubrirán o ceo, pero darán paso a ceos despexados en xeral. Pola tarde, poderán formarse nubes de evolución no interior, sen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...