A Xunta promove dende Ribeira a perspectiva de xénero na seguridade marítima

04 Outubro 2022

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou este martes 4 de outubro a Escola Marítimo-Pesqueira de Ribeira, onde se celebrou o 1º Curso Superior de Máquinas, un acto no que estivo acompañada por representantes da Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar) co propósito de sensibilizar acerca da prevención de riscos nos buques pesqueiros con enfoque de xénero.

A actividade formativa insírese no conxunto de accións que a Xunta en colaboración con Fundamar está a realizar entre o alumnado de primeiro curso dos ciclos medio e superior das escolas marítimo-pesqueiras de Galicia (Culleredo, Ferrol, Vigo , Ribeira, Bueu) co obxecto de “promover a promoción da igualdade nas medidas de prevención e seguridade do sector, ante a crecente incorporación de mulleres”.

En palabras de Mancha, “resulta fundamental que as administracións e as empresas, da man, traballen para protexer e sobre todo para conseguir unha igualdade real e esa necesaria sensibilización e concienciación en igualdade e perspectiva de xénero no sector pesqueiro en xeral e nos centros de formación, tanto para alumnado como para profesorado, coa finalidade de integrar na información e formación en materia de prevención de riscos o enfoque de xénero”.

A directora xeral lembrou a colaboración da Xunta con Fundamar para a realización do Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais e necesidades preventivas nos buques pesqueiros, un traballo “pioneiro en España, no que quedou constatado que a perspectiva de xénero non se aplica na xestión dos riscos laborais nos buques de pesca, sendo a insuficiente cultura preventiva con enfoque de xénero a principal limitación para conseguir a súa integración”, subliñou a directora xeral.

Tras as conclusións acadadas, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade promoveu este ano 15 accións de sensibilización aos alumnos de primeiro curso dos ciclos medio e superior das especialidades de ponte e máquinas, coa finalidade de poder atallar algunhas das carencias e crear conciencia igualitaria neste sector desde idades temperás.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.