A Xunta anima aos concellos a colaborar na elaboración da lei de ordenación do litoral

05 Outubro 2022

O Goberno galego fixo este mércores 5 de outubro un chamamento aos concellos coruñeses para colaboraren na elaboración da que será a primeira lei galega en materia de ordenación do litoral para preservar a actividade económica e social na costa, “xa que os cambios normativos impulsados polo Goberno central desde 2018 afectan a 1.825 edificacións en dominio público marítimo terrestre (DPMT) na provincia, case o 47% de todos os inmobles afectados na Comunidade”, explicaron fontes da Xunta.

Estes datos foron achegados nun encontro mantido con representantes municipais dos concellos costeiros da Coruña na que participou a a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que explicou que ”estes municipios concentran case a metade de todos os inmóbeis deste tipo identificados pola Xunta no conxunto de Galicia”.

Así, o inventario realizado polo Instituto de Estudos do Territorio identifica no DPMT dos 45 concellos costeiros da Coruña: máis de 1.120 edificacións de carácter privado -o 48% do total da Comunidade-, 209 instalacións industriais ou empresas -o 57,4% das 364 existentes na costa galega- e 26 dos 37 faros localizados nesta franxa costeira de Galicia. A maiores, tamén inclúen neste listado 21 estacións de tratamento de auga, tanto depuradoras como potabilizadoras, que supoñen o 50% das identificadas en toda a Comunidade.

“Estes datos reflicten a transcendencia e o impacto social e económico que provocaría a nivel local a desaparición da costa de calquera destas edificacións”, incidiu a conselleira, que reiterou “a importancia de que o municipalismo aporte as súas achegas no proceso de redacción da lei de ordenación do litoral de Galicia”, coa que a Xunta, dixo, “dá resposta aos continuos ataques do Goberno central aos intereses do litoral galego e para acadar o autogoberno pleno sobre a súa costa.

A reunión, na que a conselleira estivo acompañada dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e en Ferrol, Martina Aneiros, así como da secretaria xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Carmen Bouso, enmárcase na rolda de contactos iniciada polo Goberno galego para avanzar na elaboración da lei de ordenación do litoral, que está en consulta pública previa ata o vindeiro 17 de outubro e cuxo obxectivo é “facer unha planificación e ordenación do litoral así como dar a coñecer e dar seguridade ás actividades que se poden facer en DPMT”.

A Coruña. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e en Ferrol, Martina Aneiros, participan nun encontro informativo en materia de ordenación do litoral 05/10/2022 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.