A ponte de Catoira estivo cortada o tráfico polo temporal

23 Outubro 2022

O temporal “Beatrice” deixou un importante reguero de incidencias na comarca de Arousa o que obrigou aos equipos de emerxencias a redobrar esforzos desde as sete da mañá ata o mediodía deste domingo.

Unha delas produciuse na ponte interprovincial de Catoira, que estivo pechado ao tráfico desde a unha da tarde. Fontes de emerxencias indican que se levantaron algunhas dos ferros da cuberta da zona de paso peonil, polo que un equipo do GES de Padrón procedeu a cortar o viaduto nos dous sentidos.

Os vehículos que circulaban entre Rianxo e Catoira deberon dar a volta en Pontecesures.

O 112 Galicia rexistrou hoxe máis de trescentas incidencias por meteoroloxía adversa

A maioría delas estiveron relacionadas coa presenza de árbores ou polas nas estradas, que comprenderon 196 do total de 331 incidencias rexistradas debido aos fenómenos de meteoroloxía adversa presentes na comunidade durante o día de hoxe, entre as 00:00 e as 12:59 horas.

En canto as diferentes provincias, a de Pontevedra foi a máis damnificada con 198 sucesos rexistrados en total. Na da Coruña contabilizáronse 98; en Ourense, 22; e en Lugo, unicamente 13.

Ademais, no período comprendido entre as 10 e as 12 horas desta mañá xestionáronse máis dun cento de incidencias.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.