A Deputación financia a través do Plan Único as obras para dotar de saneamento ao núcleo de Cans (O Son)

31 Outubro 2022

A Deputación da Coruña financia a través do seu Plan Único as obras para dotar de rede de saneamento ao núcleo de Cans, na parroquia de Nebra do concello de Porto do Son, unha actuación que conta cun orzamento de 119.213,62 euros.

Este proxecto, que está actualmente a licitación pública, permitirá dotar de saneamento ao núcleo de Cans, que, segundo lembra a institución provincial, “actualmente carece deste servizos”. Para isto, crearase unha nova rede de colectores e un pozo de bombeo, que estará situado xunto ao estacionamento da praia de Aguieira. Tamén se inclúen as 15 acometidas correspondentes ás parcelas e edificacións ás que se prevé dar servizo e a reposición do pavimento afectado dos traballos.

Ademais, executarase un cruce baixo a estrada AC-550 para conectar á rede xeral un colector que recolle as augas das vivendas situadas na marxe esquerda da estrada e que actualmente está sen servizo.

O prazo para presentar ofertas ao proceso de licitación pública rematará o próximo 21 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.