Prosegue en Fisterra, Boiro, Muros e Narón a xira de Papagena, da rianxeira Esther Carrodeguas

13 Setembro 2022

A praza Constitución de Fisterra recibe este sábado 17 de setembro, ás 20.00 h, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e a autora rianxeira Esther F. Carrodeguas. Trátase de Papagena, unha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica.

O espectáculo, con entrada libre ata completar aforo, conta coa presenza da soprano noiesa Esperanza Mara e do barítono Jacobo Rubianes Castelo que actúan acompañados no escenario pola música en directo de Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.

A obra chega a Fisterra grazas ao apoio do Concello e mais da Deputación da Coruña quen tamén levará Papagena ata Boiro e Narón.

Papagena recala en Fisterra logo do seu paso por Rianxo e Pontevedra e ten programada unha intensa xira por outras once localidades galegas nos vindeiros meses, cunha función cada fin de semana.

Así, as seguintes citas van ser en O Grove (24 de setembro), Celanova (1 de outubro), Caldas de Reis (9 de outubro), Narón (15 de outubro), Tui (21 de outubro), Oleiros (29 de outubro), Gondomar (5 de novembro), Muros (12 de novembro), Boiro (18 de novembro), Bueu (19 de novembro) e Foz (25 de novembro). Na meirande parte das vilas o público poderá gozar desta experiencia única e inmersiva de xeito totalmente gratuíto. Todas as datas, horarios e sistema de acceso ás funcións de Papagena está dispoñíbel na páxina web da compañía, butacazero.net.

Papagena é unha ópera electrónica do compositor Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace nas súas palabras da “vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística”, mais tamén “pretende rachar con outras percepcións decote asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato, o vestiario ou a escenografía, que non contará con elementos analóxicos e se baseará no espectralismo minimalista”. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical.

Dende ButacaZero salientan a súa aposta “polo risco escénico”, cunha nova produción que destaca por ser unha ópera galega e en galego, con temática social e cunha fonda implicación no territorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.