O PSOE de Ribeira reclama unha posta a punto integral da estrada de Laxes-Carreira

09 Setembro 2022

O PSOE de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, presentou ao pleno da Corporación unha proposta relativa á estrada de Laxes-Carreira, que parte da zona da Mámoa entroncando mediante dous ramais á vía CP-7306 coa zona de Os Areeiros, e que, segundo a agrupación, “presenta un estado de conservación moi deficiente”.

E explican: “Nesta estrada o firme atópase moi deteriorado, con múltiples fochancas, en parte cubertas
con parches de conglomerado asfáltico mal executados e peor conservados, maleza invadindo as cunetas e o viario e medrando descontrolada nas beirarrúas”. Segundo indican, “é necesaria unha
actuación de renovación do firme e de roza da maleza nos 1.300 metros de lonxitude da vía, pola que circulan diariamente numerosos veciños, tanto por ter nela o seu domicilio habitual como para dirixirse desde o núcleo de Ribeira a Castiñeiras ou Aguiño ou viceversa”.

Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal de PSdeG-PSOE realiza a seguinte proposición:

-Que por parte do Goberno Municipal sexan orzamentas e executadas as medidas necesarias para a renovación do firme da estrada de Laxes e a roza da maleza tanto nas cunetas como nas beirarrúas co fin de devolver a este vía o estado de funcionalidade e decoro do que nestes momentos carece.


Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...