O Museo de Artes do Gravado acolle desde o venres a mostra “Ukiyo-e: A beleza e a cor do efémero”

15 Setembro 2022

Ukiyo-e: A beleza e a cor do efémero. Un repaso da estampa xaponesa dende o século XVIII ata o XX, será a nova exposición que desde este venres poderá verse no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.

A exposición, que será inaugurada as 20.30 horas, pretende dar a coñecer e descubrir a quen descoñece o mundo da estampa xaponesa, a beleza e a harmonía dunha arte centenaria e única.

Seccións:

1.- UKIYO-E. O termo ukiyo, que pode aplicarse á estampa, pero tamén á pintura ou a literatura da época, inaugura unha forma de ver a vida asociada ó desenvolvemento de clases medias, artesáns ou comerciantes no período dos Tokugawa, que abarca máis de 200 anos e durante os primeiros decenios do período Meiji.

“Vivir o momento, desfrutar do pracer da contemplación da lúa, da neve, do florecer da cerdeira, ou das follas do arce. Beber e divertirnos como se flotásemos, sen preocuparse da pobreza que se asoma ameazante, rehusando caer na desilusión ou o desencanto. Como unha cabaza que flota arrastrada polo río. Iso é o que chamamos “ukiyo”.

2.- YOSHIWARA. A arte do Ukiyo-e (“e” reférese a “estampas”) está intimamete relacionado co desenvolmento dos denominados barrios do pracer, situados no extrarradio das principais cidades do Xapón dos Tokugawa. E sobre todo, do barrio denominado o Novo Yoshiwara (o primeiro fora destruído por un incendio) xunto a Edo (actual Tokio).
Alí, xunto co negocio da prostitución, os empresarios constrúen un mundo de entreteñemento para atraer ó publico máis amplo posible. Eses elementos van configurar os primeiros xéneros do Ukiyo-e
– Bijin-ga, ou mulleres fermosas. Cortesás vestidas con suntuosos quiimonos.
– O teatro kabuki. Con imaxes de obras e actores de fama.
. O sumo. Loitas e estampas de loitadores de fama.
. O shunga. O máis numeroso, estampas explícitas de todo tipo de relacións sexuais.

3.- A EVOLUCIÓN DUNHA TÉCNICA
A estampa xaponesa e máis especificamente o ukiyo-e, coñece unha longa evolución que vai dende o gravado en branco e negro ata o gravado multicor, que será unha vez desenvolto, a principal característica do ukiyo-e.
Moronobu (década dos setenta o século XVIII), Masanobu e os primeiros nomes da escola Torii.
A evolución cara á cor (cor dado á man, dous, tres e máis cores).
Harunobu, Koriusay e os primeros ensaios de gravado multicor.
A técnica do gravado a cor: proceso, marcas de referencia, multiplicidade de pranchas…

4.- OS GRANDES ARTISTAS DO FINAL D0 XVIII. A década douro do Bijin-ga
A estampa xaponesa vai coñecer ao longo do século XVIII unha evolución estética, que por un lado tende ao maior realismo, sobre todo nas estampas do kabuki con figuras como o misterioso e fugaz Sharaku, e por outro a estilizacion da figura de muller, que acada a súa maior beleza con autores como Shigenaga, Choki, Eishi, Utamaro, Shumman, Toyokuni, Shuncho e un amplo grupo de grandes maestros do bijin-ga.

5.- A REVOLUCIÓN DEL XIX. HOKUSAI Y HIROSHIGUE
Varios elementos van a suponer un cambio importante a comezos do século XIX.

  • En primeiro lugar a introdución do azul de Prusia, unha cor intensa, mineral (xa non vexetal, de se deterioraba), que vai cambiar o equilibrio colorístico da estampa.
  • Por outro a introdución paulatina, que xa se iniciara no século XVIII, da perspectiva occidental.
  • E finalmente a aparición de novos xéneros, xa non tan centrados nos “praceres” do Yoshiwara
    A paisaxe, que xa vira algún exemplo anterior, pero que se desenvolve estéticamente no século XIX
    Plantas e flores, ailladas ou con páxaros (ou insectos)
    Gravado histórico. Batallas, samurais…
    Os artistas máis representativos ou polo menos máis coñecidos desta época van ser Hokusai e Hiroshigue.

6.- A EPOCA MENJI- OS ULTIMOS GRANDES ARTISTAS
Varios artistas van sumarse aínda á amplísima lista de debuxantes e gravadores que fan da estampa xaponesa unha das máis importantes artes destes séculos.
Yoshitoshi, Kunichica, Kuniyoshi, Chikanobu e varios maís pechan este primera fase da estampa xaponesa.
A aparición do fotogravado vai supor un golpe importante para esta arte de representación, que casi desaparece a fináis do século.

  1. O SHIN HANGA
    A comezos do século XX unha nova forma de facer gravado vai intentar recuperar unha arte que xa estaba en proceso de desaparición.
    Son pintores os que sobre todo reinician unha nova época de esplendor para a estampa xaponesa. Un movemento que utiliza as mesmas técnicas, aínda que moitas veces cun número maior de pranchas e estampacións, buscando a reprodución de efectos pictóricos. Sobre todo no xénero da paisaxe. Yoshida, pai e fillo son posiblemente os de maior prestixio.
    Tamén no xénero de plantas e páxaros, destacar o traballo de Imao Keinen.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...