O Goberno de Ribeira propón dedicar 300.000 euros do remanente a unha nova campaña de bonos para apoiar o comercio local

08 Setembro 2022

A próxima semana está prevista a celebración dun pleno de carácter extraordinario no que, entre outros puntos, está previsto someter a aprobación dos grupos dedicar parte do remanente de tesoureiría a emprender diversas iniciativas, entre as cales figura unha campaña en apoio do comercio e hostalería local.
Concretamente, a intención do Executivo é destinar unha cantidade de 300.000 euros a repetir a campaña AmaRibeira que se puxo en marcha no Nadal pasado e que tan bo resultado obtivo, no que os cidadáns tiveron ocasión de gastar 6.666 bonos QR de 30 euros cada un en máis de 140 negocios das nove parroquias do municipio que se quixeron adherir, sen contar con outra subcampaña específica a
través da ecommerce Ribeira Store por importe de 15.000 euros, o que sumou un total de 215.000 euros distribuídos entre a cidadanía.
Se naquela ocasión o lanzamento da campaña fundamentouse na necesidade de apoiar ao comercio local despois de ano e medio de pandemia, desta vez a preocupante crise económica aconsella levar a
cabo unha nova edición da mesma, aumentando a contía destinada a AmaRibeira en case un 40%.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...