O equipo noiés de fútbol sala proclamouse vitorioso na xornada deste sábado contra O Parrulo

04 Setembro 2022

O desenlace desta pretemporada 2022/2023 para o Noia Portus Apóstoli tivo lugar en Ferrol. O equipo sorprendeu desde o comezo, sacando a Pirata como porteiro-xogador durante o primeiros vinte minutos. Esta estratexia obrigou aos xogadores do Parrulo Ferrol a dedicar á defensa da súa área os primeiros minutos do xogo.

Cando o xogo estaba igualado, un gol de Neginho marcou o desempate, na primeira ocasión que tivo de marcar o Noia Portus Apóstoli. Pouco despois, os noieses tentaron outro tiro de novo, aínda que foi despexado polo xogador *Álex Regueira, do equipo ferrolán.

O empate por parte dos ferroláns chegou cun contragolpe entre Turbi e Adri. O Noia reestableu a súa vantaxe, cando Pirata cambiou o marcador a 1-2 no minuto 15 do xogo. Tamén o terceiro gol dos noienses produciuse grazas ao xogador lucense, xa na segunda metade do partido.

Un último fallo do equipo local no xogo de cinco levou ao Noia Portus Apóstoli a marcar o seu cuarto e último gol do partido, da man de Edu Jabá, que o levou á vitoria en Ferrol.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.