O BNG solicita a reorganización e limpeza dos contedores de lixo en Carreira

30 Setembro 2022

O Bloque Nacionalista Galego recolle as peticións dalgunhas veciñas e veciños de Carreira para mellorar o emprazamento dos contedores de lixo da parroquia debido a que dificultan o tránsito das persoas, obstaculizan a visibilidade de vehículos, etc.

A concelleira, Cruz Rivadulla Márquez, informou de que un dos exemplos está na estrada da Graña, na zona de Vixán, nos que existe unha parada de autobús encaixada entre varios contedores que provocan molestias e dificultades ás persoas usuarias do transporte público.

“Non son poucas as queixas sobre contedores que están rotos, sobre os cheiros que se producen pola falta de limpeza dos recipientes ou a incomodidade que supón ter materiais voluminosos tales como mobles que algunhas persoas depositan a carón dos contedores pasando días ata que os retiran do lugar” asegurou Rivadulla.

Con respecto á colocación dos contedores, Rivadulla Márquez cre que é un asunto que provoca molestias por todo o municipio pero no caso de Carreira hai contedores que están practicamente enriba da estrada polo que “para botar o lixo hai que estar na estrada co conseguinte perigo que iso supón”.

Desde o BNG informan de que presentaron numerosas iniciativas para instar ao goberno local a traballar para buscar un emprazamento axeitados dos contedores de lixo de grandes dimesións, evitando que obstaculicen o paso de peóns ou provoquen problemas de visibilidade aos vehículos. Tamén lle piden ao executivo local que reforce a limpeza dos recipientes e se reparen todos aqueles que teñen desperfectos ou funcionan mal. Por último reclaman realizar unha campaña informativa sobre a gratuidade do punto limpo e informar do teléfono para a recollida de enseres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.